Novedad bibliográficaInfoling 4.18 (2021)

Título:Variedades en contacto na Península Ibérica
Autores/as:Dubert-García, Francisco; Míguez, Vítor; Sousa, Xulio
Año de publicación:2020
Lugar de edición:Santiago de Compostela (España)
Editorial:Consello da Cultura Galega
Descripción

No mundo existen na actualidade máis de 6.000 linguas, que son faladas por comunidades que viven en 195 países recoñecidos internacionalmente. En consecuencia, contra unha visión que propugna o monolingüismo como normalidade lingüística, resulta obrigado concluír que o contacto de linguas e variedades non é unha anormalidade, senón que é un feito inevitable e unha constante na historia das comunidades humanas. Neste sentido, a situación do galego e a das outras linguas peninsulares non resulta singular nin extraordinaria. Sen irmos máis lonxe, no ámbito ibérico dáse contacto entre as variedades orixinarias (galego, castelán, asturiano, portugués, vasco, aranés, catalán, aragonés etc.) e entre estas e outras faladas por inmigrantes, os seus descendentes e residentes estranxeiros (romanés, árabe, alemán, wu, quechua etc.).

Neste volume reúnense sete traballos que abordan a análise de diferentes situacións de contacto de variedades lingüísticas peninsulares desde distintas perspectivas. Nun grupo de traballos estúdanse as consecuencias do contacto entre variedades identificadas como linguas e con distintas relacións de semellanza (galego, castelán, vasco, catalán, mirandés, portugués, asturiano), noutro preséntase a análise da confluencia de variedades relacionadas cunha mesma lingua (galego urbano, galego tradicional, castelán estándar, sociolectos andaluces etc.). As análises son realizadas desde diferentes modelos teóricos e reparando en distintos aspectos do sistema lingüístico. O conxunto de contribucións axuda a entender mellor a complexidade dos procesos de contacto e a recoñecer o interese destas investigacións para o avance do coñecemento lingüístico.


 


http://consellodacultura.gal/publicacion... target="_blank" rel="noopener">Más información

Temática:Fonética, Fonología, Lingüística de corpus, Lingüística románica, Morfología, Semántica, Sintaxis
Índice

Limiar
Francisco Dubert-García, Vítor Míguez, Xulio Sousa

Opinión, medición y generalización como retos de la lingüística de contacto. Ejemplos del estudio del contacto entre castellano y catalán
Carsten Sinner

Contacto de lenguas en Asturias: asturiano, "amestáu" y castellano
Ramón de Andrés

Consecuencias do contacto lingüístico entre mirandés e portugués
Alberto Gómez Bautista

Patrones de convergencia en lenguas tipológicamente no relacionadas: lengua vasca y castellano
Sara Gómez Seibane

Procesos de estandarización y divergencia dialectal en las variedades meridionales del español de España
Matilde Vida-Castro

Contacto de linguas e variedades na emerxencia de novos modelos de vocalismo galego
Alba Aguete Cajiao

Había + participio no español falado en Galicia: un estudo de corpus
Victoria Vázquez Rozas

ColecciónEnsaio & Investigación
Págs.:226
ISBN-13:9788417802233
Remitente:Vítor Míguez
Institución: Universidade de Santiago de Compostela
Correo-e: <vitor.miguezusc.gal>
Fecha de publicación en Infoling:10 de abril de 2021